Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades - Gobierno de España

Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades

Estás en:

Cristina Garmendia Mendizábal

Cristina Garmendia

Cristina Garmendia

Ministra de ciencia e innovación

Naceu en San Sebastián (Guipúscoa) o 21 de febreiro de 1962.

Licenciada en Ciencias Biolóxicas na especialidade de Xenética, cursa o doutorado en Bioloxía Molecular no laboratorio da Dra. Margarita Salas, no Centro de Bioloxía Molecular Severo Ochoa (CBMSO) onde obtén a cualificación "Cum Laude" e recibe o Premio Extraordinario pola súa tese: "Interaccións funcionais entre a Polimerasa e a Proteína Terminal do Bacteriógrafo ø29". Completa a súa formación académica cun Master of Business Administration Executive (MBA) no IESE Business School da Universidade de Navarra.

A súa traxectoria profesional comeza en 1990 como Vicepresidenta Executiva e Directora Financeira do Grupo Amasúa, S.A. No ano 2001 desenvolve un exitoso modelo empresarial que dá orixe a un grupo biotecnolóxico que coñecemos como Grupo Genetrix, integrado por 9 empresas (Cellerix, S.A., Biotherapix Molecular Medicines, S.L.U., Coretherapix, S.L., Fénix Biotech, S.L., Sensia, S.L., Biobide, S.L., Alma Bioinformatics, S.L., Imbiosis, S.L. e X-Pol) e a Fundación Inbiomed.

Destacou tamén no ámbito institucional como Presidenta da Asociación de Empresas Biotecnolóxicas (ASEBIO), Membro do Comité Asesor do Parque Científico de Madrid, Membro do Comité Científico Asesor do Banco de Sangue e Tecidos de Barcelona, Membro da Xunta Directiva da Confederación Española de Organizacións Empresariais (CEOE), Membro do Observatorio para a Ciencia e Tecnoloxía (OYCT) da Oficina Económica do Presidente, Membro do Consello Empresarial Genoma España e Membro do Comité Asesor Científico Externo do Instituto Aragonés de Ciencias da Saúde, entre outras.

O seu traballo foi recoñecido co Premio da Comunidade de Madrid a Sensia como a Mellor Spin-Off Plataformas Tecnolóxicas Biosensoras, o Premio de Innovación a Cellerix, o Premio "Fermín de la Sierra" de EOI-Escola de Negocios, o Premio Mi Cartera de Inversión á Mellor Obra de Educación e Investigación (Inbiomed), o Premio Actualidad Económica y Expansión á Iniciativa Empresarial, o Premio "Tambor de Oro" da Cidade de San Sebastián e o Máster de Ouro que outorga o Forum de Alta Dirección.

COMPARTE ESTE CONTIDO

Si usted no puede visualizar este contenido, puede hacerlo a través de Facebook

Síguenos en ...

© 2019 Ministeri de Ciència, Innovació i Universitats