A Comisión Europea (CE), xunto cos Estados membros, codiseña as políticas e programas de investigación e innovación da Unión Europea (UE) e propón o desenvolvemento normativo para a súa correcta execución. Estas políticas e programas de investigación teñen que ser aprobados polo Consello de Competitividade (COMPET) que é o maior órgano decisorio da UE neste ámbito.
O exercicio de codiseño realízase a través dos diferentes comités e órganos asesores e consultivos da Comisión e do Consello Europeo, entre os que ten especial relevancia o Comité de Programa de Configuración Estratéxica, como órgano de participación dos Estados membros no deseño e seguimento do Programa Marco de Investigación e Innovación.
Por outra banda, o Comité do Espazo Europeo de Investigación (CEEI, ou ERAC nas súas siglas en inglés) é o órgano consultivo que asesora ao Consello, a CE e os Estados membros na elaboración de políticas de investigación e innovación dentro do Espazo Europeo de Investigación (EEI). Está copresidido pola Dirección Xeral de Investigación, Innovación e Desenvolvemento Tecnolóxico da CE e unha representación dos Estados membros. No último período 2014-2020 o CEEI hase focalizado en fomentar a colaboración internacional, a ciencia e innovación aberta, a programación conxunta, a perspectiva de xénero na investigación e os recursos humanos e a súa mobilidade. Actualmente este comité está en proceso de adaptación ao novo plan de EEI lanzado pola CE.
O Foro Estratéxico Europeo en Infraestruturas de Investigación (European Strategy Forum on Research Infrastructures, ESFRI polas súas siglas en inglés), é un de instrumentos estratéxicos da UE para desenvolver a integración científica comunitaria e fortalecer a súa visibilidade internacional, e contribúe significativamente ao desenvolvemento das políticas de investigación con recomendacións concretas para o fortalecemento das infraestruturas de investigación europeas e o acceso competitivo e aberto aos seus recursos e servizos.