Sistema de Información sobre Ciencia, Tecnoloxía e Innovación (SICTI)

O Sistema de Información sobre Ciencia, Tecnoloxía e Innovación (SICTI) forma parte dos instrumentos de goberno do Sistema Español de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación (SECTI). 

O SICTI créase na lei 14/2011, do 1 de xuño, da Ciencia, a Tecnoloxía e a Innovación baixo a dependencia do Ministerio de Ciencia e Innovación como instrumento de captación de datos e análise para a elaboración e seguimento da Estratexia Española de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación (EECTI), e dos seus plans de desenvolvemento.

Rede Española de Centros de I+D+I (RECIDI)

Ponse a disposición unha ferramenta de consulta, a Rede Española de Centros de I+D+I (RECIDI), que incorpora institucións, centros e infraestruturas españolas onde se realizan as actividades de I+D+I.

Datos globais do sistema

Neste apartado preséntanse os principais datos de contexto global do SECTI. Inclúense datos de Gasto en I+D e de Recursos Humanos. Toda a información recollida neste apartado procede da Estatística sobre actividades de I+D do INE e o seu obxectivo é contextualizar a información que se presenta no resto das epígrafes deste apartado dando unha visión xeral do SECTI.

Orzamento de gastos en I+D+I

Neste apartado está dispoñible a información referida aos créditos orzamentarios destinados a I+D+I polas diferentes administracións públicas. Preséntanse os créditos iniciais e a execución orzamentaria da Administración Xeral do Estado (AXE), desagregando por Ministerio e organismo, así como das Comunidades Autónomas (CCAA), tanto da política de gasto 46 como doutros programas de gasto con partidas destinadas a I+D+I.

Actuacións públicas en I+D+I

O SICTI proporciona información das actuacións públicas en I+D+I que se levan a cabo dende as diferentes administracións e organismos públicos, tanto da AXE coma das CCAA, intentando responder a preguntas como: Que tipo de actividade de I+D+I se financia? Como se financia? Que orzamento previsto ten asignado cada actuación? Cal é o procedemento de concesión? A quen se dirixen as axudas?

Axudas públicas a IDI

Neste apartado o SICTI facilita información detallada sobre as axudas públicas concedidas no ámbito de I+D+I, tanto dende a AXE coma dende as CCAA: cantas axudas se concederon nun ano concreto?  quen son os beneficiarios?,onde se realizan as actividades de I+D+I?  a canto ascende o financiamento da axuda? baixo que modalidade de concesión se outorgou a axuda?  cal é o obxecto da axuda? etc.

Retorno plan estatal

O Plan Estatal de Investigación Científica, Técnica e de Innovación (PEICTI) recolle todas as actuacións no ámbito de I+D+I que se poñen en marcha dende os principais axentes financiadores dependentes do Ministerio de Ciencia e Innovación (AEI, CDTI, ISCIII) así como do resto de departamentos ministeriais e organismos adscritos. Aquí pódese consultar información relevante respecto á distribución territorial das axudas, o tipo de beneficiarios en cada territorio, o número de axudas e o importe global de cada rexión, etc. A fonte de información é o SICTI. 

Indicadores de Transferencia de Coñecemento e Innovación

Preséntanse os primeiros resultados da Estatística de Indicadores de Transferencia de Coñecemento e Innovación (TCI) elaborada polo Ministerio. Os datos están referidos a universidades, organismos públicos de investigación estatais e das comunidades autónomas e centros tecnolóxicos rexistrados. A información disponse en diferentes apartados atendendo ao seu contido: a) protección de resultados; b) acordos de explotación; c) contratos; d) colaboración e e) spin-off. Os informes son navegables e dispoñen de diferentes posibilidades de selección. Pola complexidade da información contida cómpre consultar previamente a recensión metodolóxica.

Seleccione o tipo de erro que desexa reportar

  • Se detectou que unha das ligazóns non leva a ningunha páxina...

  • Se detectou un erro de URL nunha ligazón...

  • Se detectou un erro no contido...

  • Se detectou que o contido non se mostra...

  • Se a información non lle foi de utilidade...