Política de privacidade e protección de datos
Este aviso legal é de aplicación ás páxinas dos portais web e sedes electrónicas propiedade do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. O Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades actúa en calidade de responsable do tratamento dos datos de carácter persoal relativos aos usuarios dos seus servizos. Os datos achegados polo interesado utilizaranse, con carácter exclusivo, para os fins previstos en cada procedemento ou actuación.
A normativa vixente no ámbito da protección de datos de carácter persoal componse do Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello do 27 de abril do 2016 (RGPD) e da lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e Garantía dos Dereitos Dixitais (LOPD). De acordo coa normativa anteriormente citada, o Ministerio garantirá a confidencialidade dos datos persoais tratados. Para iso, adoptará as medidas técnicas e organizativas necesarias.
Recollida de datos persoais
Co obxecto de exercer as competencias que ten atribuídas e co fin de prestar servizos á cidadanía, o Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades poderá recoller e tratar datos de carácter persoal.
O Ministerio informará dos datos persoais que recolla directamente do interesado no momento de proceder á súa recollida. Na información proporcionada especificarase a finalidade, a base xurídica do tratamento, os dereitos que pode exercer o interesado, a identidade do órgano responsable do tratamento e os datos de contacto do delegado de protección de datos. Poderá consultar información adicional no Rexistro de Actividades de Tratamento, que é o documento que recolle todas as actividades de tratamento de datos persoais realizadas polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
Rexistro de Tratamento de Actividades
Destinatarios, cesión e transferencia de datos
Na maioría dos casos o Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades non comunica os datos persoais tratados a outros destinatarios. Nos casos en que se comunican a terceiros, sempre se procede en aplicación da normativa vixente, informando cando proceda o interesado.
Período de conservación dos datos
Os datos conservaranse durante o tempo imprescindible para garante a prestación dos servizos ofrecidos polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
Exercicio de dereitos
O usuario poderá exercitar en todo momento os dereitos recoñecidos en relación cos datos tratados polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. Para iso, poderá presentar na Sede Electrónica do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades unha solicitude de Acceso, Limitación, Rectificación, Portabilidade, Supresión ou Oposición, de acordo coa normativa vixente.
Exercicio dos dereitos de protección dos datos persoais
Tamén poderá dirixirse á autoridade de control, neste caso Axencia Española de Protección de Datos, e interpoñer unha reclamación se considera que os seus datos persoais non se tratan conforme á normativa vixente.
Queixas e suxestións
Co obxecto de recoller e tramitar tanto as manifestacións de insatisfacción cos servizos prestados coma as iniciativas para mellorar a súa calidade, poderá presentar na Sede Electrónica do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades unha queixa ou suxestión.
Política de cookies
O Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades utiliza un servizo de analítica web consistente en instalar cookies temporalmente coa única e exclusiva finalidade de elaborar informes de carácter estatístico. As cookies son ficheiros creados no navegador do usuario para rexistrar a súa actividade no sitio web. Unha cookie non identifica unha persoa, senón unha combinación computador-navegador-usuario, ten unha vixencia temporal limitada e en ningún caso se utiliza para recoller información de carácter persoal.
Para navegar polo portal e as sedes electrónicas do Ministerio pódese optar por non permitir a instalación destas cookies, e é posible deshabilitalas directamente no navegador. En cada navegador a operativa é diferente. Na axuda do navegador encontrase información relacionada co uso das cookies.
Contacto
Delegado de Protección de Datos del Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades
P.º de la Castellana 162. 28046 Madrid.
Habiendo sido informado/a del tratamiento del que van a ser objeto mis datos personales, doy libremente mi consentimiento a dicho tratamiento.
RESPONSABLE DEL TRATAMIENTO | Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades. División de Atención al Ciudadano, Transparencia y Publicaciones. P.º de la Castellana, 162, 28046 Madrid |
DELEGADO DE PROTECCIÓN DE DATOS | dpd@ciencia.gob.es |
FINALIDAD DEL TRATAMIENTO | Registrar, gestionar y tramitar las consultas, quejas y sugerencias formuladas al Ministerio por la ciudadanía. |
BASE JURÍDICA | Artículo 6.1.c) del RGPD: el tratamiento es necesario para el cumplimiento de una obligación legal aplicable al responsable del tratamiento. |
DERECHOS RECONOCIDOS | Puede ejercitar sus derechos de acceso, rectificación, supresión y portabilidad de sus datos, y de limitación u oposición a su tratamiento, a través del Procedimiento de ejercicio derechos datos personales disponible en la sede electrónica del Ministerio. Si considera que no se han tratado sus datos personales de acuerdo con la normativa, puede dirigirse al Delegado de Protección de Datos o bien presentar una reclamación ante la Agencia Española de Protección de Datos (www.aepd.es). |
INFORMACIÓN ADICIONAL | Puede consultar información adicional en la Política de privacidad y protección de datos de la página web del Ministerio. |