Instituto de Saúde Carlos III (ISCIII)

O Instituto de Saúde Carlos III (ISCIII) é un organismo de referencia nacional e internacional en investigación biomédica e saúde pública que leva a cabo as seguintes funcións:

  • Fomento da investigación dirixida a protexer e mellorar a saúde, financiando a investigación de excelencia e altamente competitiva a través da Acción Estratéxica en Saúde do Plan Estatal de I+D+i.
  • Vertebración da investigación no ámbito do Sistema Nacional de Saúde (SNS), a través dos seus Centros de Referencia Nacional, Institutos de Investigación, Fundacións, Redes, Consorcios e Plataformas de servizos científico-técnicos.
  • Xestiona, desenvolve e ofrece ao conxunto dos Estado servizos científico-técnicos de referencia para a prevención e o control de enfermidades transmisibles e non transmisibles, saúde ambiental, produtos biolóxicos e aqueles potencialmente perigosos para a saúde pública.
  • Ofrece servizos de asesoramento científico-técnico para fundamentar a toma de decisións en tecnoloxías sanitarias e servizos de saúde no SNS.
  • Desenvolve programas docentes dirixidos ao conxunto do Sistema Nacional de Saúde, e proporcionar servizos de información sanitaria e documentación científica.

Está adscrito ao Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades a través da Secretaría Xeral de Investigación. Depende funcionalmente do Ministerio de Sanidade para a realización daquelas actividades que desenvolva en materia de saúde, de planificación e asistencia sanitaria e, en coordinación co Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, daqueloutras de investigación aplicada cando teñan translación ao SNS. Para a realización do resto de actividades dependerá funcionalmente do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.

icono-contacto

Contacto

Instituto de Salud Carlos III (ISCIII)

Sinesio Delgado 4. 28029 Madrid

918 222 200

oficina.informacion@isciii.es

Seleccione o tipo de erro que desexa reportar

  • Se detectou que unha das ligazóns non leva a ningunha páxina...

  • Se detectou un erro de URL nunha ligazón...

  • Se detectou un erro no contido...

  • Se detectou que o contido non se mostra...

  • Se a información non lle foi de utilidade...