Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades

Estás en:

Xustificación telemática

Para a xustificación telemática das axudas concedidas por este Ministerio, ten nesta páxina dispoñible a aplicación que permitirá introducir tanto os gastos como os informes técnicos xustificativos da execución da axuda.

Aconsellámoslles:

Visite as páxinas dos subprogramas das axudas que vaia xustificar, onde aparecerán as especificacións concretas da información que debe xustificar.

Lea detidamente o manual de instrucións, situado nesta páxina, onde unha das alíneas do manual especifica como poder rexistrarse na nova aplicación telemática de xustificacións. Requisito imprescindible para poder xustificar as súas axudas.

Soporte

Esta aplicación permite introducir os datos dos xustificantes de gasto imputados ao proxecto ben mediante carga manual (consignando a información de xeito individual por xustificante) ou ben mediante un arquivo de carga masiva que poderá conter todos os xustificantes de gasto de todos os proxectos dun mesmo Organismo beneficiario.

Mediante carga manual, consignando a información de cada operación individual ou factura.

Mediante un arquivo de carga masiva: Utilizar o Arquivo de Carga Masiva é un método idóneo, cando o número de proxectos ou o volume de operacións é elevado.Así mesmo, a aplicación telemática utilizarase para introducir o informe de execución/seguimento científico do proxecto.

O modelo do devandito informe publicarase na páxina do Subprograma da axuda que quere xustificar.

TELÉFONOS E ENDEREZOS DE CONSULTA

A Dirección Xeral de Investigación trasladou a súa sede ao seguinte enderezo:  Paseo de la Castellana, 162  -  28071 - Madrid

CONSULTAS XERAIS

Consultas electrónicas:

Enderezo electrónico: Formule a súa consulta xeral

CONSULTAS INFORMÁTICAS

Enderezo electrónico: Formule a súa consulta informática  Horario de atención: De luns a xoves, de 9.00 a 17.30 h e Venres de 8.00 a 15.00 h.

Arquivo Carga Masiva en formato Excel

Nesta páxina terán a última versión do patrón EXCEL e as Instrucións do contido desta.  Con esta información os seus servizos informáticos poderán elaborar o arquivo EXCEL, que deberá ser achegado na aplicación de Xustificación Telemática na opción de: "Xustificación Organismo > Carga Masiva EXCEL"  Prégase que respecten (non copiar) os títulos da primeira fila (Referencia, Importe, Dedicación....)

Arquivo Carga Masiva en formato XML

Nesta páxina terán a última versión do modelo XSD e as Instrucións do contido deste arquivo.  Con esta información os seus servizos informáticos poderán elaborar o arquivo XML, que deberá ser achegado na aplicación de Xustificación Telemática na opción de: Xustificación Organismo > Carga Masiva XML"  Para visualizar o exemplo de arquivo XML deberá abrilo co Caderno de Notas ou un editor de textos planos similar, polo tanto aconséllase que o garde primeiro no seu equipo, e posteriormente elixa o programa co que desexa abrilo.  Este exemplo está preparado só para visualizalo, non para executarse. O seu arquivo XML debería ser xerado polo seu soporte lóxico de xestión de facturas ou contabilidade.

Manual de instrucións para a xustificación das axudas

COMPARTE ESTE CONTENIDO

Si usted no puede visualizar este contenido, puede hacerlo a través de Facebook

Síguenos en ...

© 2020 Ministerio de Ciencia e Innovación