A investigación, o desenvolvemento e a innovación configúranse como ámbitos prioritarios para o desenvolvemento económico e social. É necesario dirixir adecuadamente as políticas públicas e facelo coa maior transparencia posible, acompañado dun proceso de rendición de contas. Para iso requírese dispoñer de datos sólidos e veraces que permitan coñecer a situación do Sistema Español de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación (SECTI) e o impacto e os resultados das políticas públicas. 

O Sistema de Información de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación (SICTI) configúrase como a principal plataforma de información no ámbito de I+D+I que permite dispoñer de indicadores para o coñecemento, seguimento e avaliación das políticas públicas. A creación do SICTI está prevista no artigo 11 da Lei 14/2011, do 1 de xuño, da Ciencia, a Tecnoloxía e a Innovación.

Sistema de Información sobre Ciencia, Tecnología e Innovación (SICTI)

El Sistema de Información sobre Ciencia, Tecnología e Innovación (SICTI) forma parte de los instrumentos de gobernanza del Sistema Español de Ciencia, Tecnología e Innovación (SECTI). 

El SICTI se crea en la ley 14/2011, de 1 de junio, de la Ciencia, la Tecnología y la Innovación bajo la dependencia del Ministerio de Ciencia e Innovación como instrumento de captación de datos y análisis para la elaboración y seguimiento de la Estrategia Española de Ciencia, Tecnología e Innovación (EECTI), y de sus planes de desarrollo.

Datos globais do sistema

Neste apartado preséntanse os principais datos de contexto global do SECTI. Inclúense datos de Gasto en I+D e de Recursos Humanos. Toda a información recollida neste apartado procede da Estatística sobre actividades de I+D do INE e o seu obxectivo é contextualizar a información que se presenta no resto das epígrafes deste apartado dando unha visión xeral do SECTI.

Orzamento de gastos en I+D+I

Neste apartado está dispoñible a información referida aos créditos orzamentarios destinados a I+D+I polas diferentes administracións públicas. Preséntanse os créditos iniciais e a execución orzamentaria da Administración Xeral do Estado (AXE), desagregando por Ministerio e organismo, así como das Comunidades Autónomas (CCAA), tanto da política de gasto 46 como doutros programas de gasto con partidas destinadas a I+D+I.

Actuacións públicas en I+D+I

O SICTI proporciona información das actuacións públicas en I+D+I que se levan a cabo dende as diferentes administracións e organismos públicos, tanto da AXE coma das CCAA, intentando responder a preguntas como: Que tipo de actividade de I+D+I se financia? Como se financia? Que orzamento previsto ten asignado cada actuación? Cal é o procedemento de concesión? A quen se dirixen as axudas?

Axudas públicas a IDI

Neste apartado o SICTI facilita información detallada sobre as axudas públicas concedidas no ámbito de I+D+I, tanto dende a AXE coma dende as CCAA: cantas axudas se concederon nun ano concreto?  quen son os beneficiarios?,onde se realizan as actividades de I+D+I?  a canto ascende o financiamento da axuda? baixo que modalidade de concesión se outorgou a axuda?  cal é o obxecto da axuda? etc.

Retorno plan estatal

O Plan Estatal de Investigación Científica, Técnica e de Innovación (PEICTI) recolle todas as actuacións no ámbito de I+D+I que se poñen en marcha dende os principais axentes financiadores dependentes do Ministerio de Ciencia e Innovación (AEI, CDTI, ISCIII) así como do resto de departamentos ministeriais e organismos adscritos. Aquí pódese consultar información relevante respecto á distribución territorial das axudas, o tipo de beneficiarios en cada territorio, o número de axudas e o importe global de cada rexión, etc. A fonte de información é o SICTI. 

Seleccione o tipo de erro que desexa reportar

  • Se detectou que unha das ligazóns non leva a ningunha páxina...

  • Se detectou un erro de URL nunha ligazón...

  • Se detectou un erro no contido...

  • Se detectou que o contido non se mostra...

  • Se a información non lle foi de utilidade...