Programa posdoctoral de ESO en Chile 2026/2027
Observatorio Europeo Austral (ESO)
Ano: 2026
Data de publicación: agosto 2026
Prazos de Solicitude: - Fin: 15/10/26
O Observatorio Europeo Austral (ESO) abriu a convocatoria do seu programa posdoctoral en Chile para 2026/2027 (ESO Fellowship Programme Chile 2026/2027), destinado a persoal investigador nas primeiras etapas da súa carreira científica.
O programa permite desenvolver un proxecto de investigación independente nunha contorna científica internacional e participar directamente nas actividades dos observatorios de Paranal ou ALMA.
Os contratos teñen unha duración de catro anos. Durante os tres primeiros, as persoas seleccionadas combinarán a súa actividade investigadora con funcións de apoio ás operacións científicas de Paranal ou ALMA, equivalentes ao 50% do seu tempo de traballo. O cuarto ano poderá desenvolverse nunha institución de astronomía ou astrofísica dun Estado membro de ESO, en Australia, nunha institución chilena ou nunha sede de ESO e, con carácter xeral, non incluirá obrigas funcionais.
Poden presentar a súa candidatura quen obtivesen o doutoramento en astronomía, física ou unha disciplina relacionada, ou estean en condicións de obtelo antes do 1 de novembro de 2027. A convocatoria está aberta a persoal investigador de calquera ámbito da astrofísica observacional, teórica ou computacional.
ESO ofrece unha remuneración competitiva, prestacións sociais e apoio económico para o traslado familiar, ademais de financiamento para asistir a congresos e talleres e realizar estadías científicas noutras institucións.
Las candidaturas deberán presentarse mediante el formulario disponible en el portal de empleo de ESO.
La solicitud deberá incluir, utilizando las plantillas oficiales de ESO, una carta de motivación, un plan de investigación y una relación de la trayectoria académica e investigadora. También deberán facilitarse los datos de contacto de tres personas de referencia y activar, a través del formulario, el envío de las invitaciones para presentar sus cartas de recomendación antes del 15 de octubre de 2026. Se recomienda hacerlo con suficiente antelación.
O prazo finaliza o 15 de outubro de 2026.