<p>Estrutura e funcións</p>

O Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades é o departamento da Administración Xeral do Estado encargado da proposta e execución da política do Goberno en materia de ciencia, desenvolvemento tecnolóxico e innovación en todos os sectores, incluíndo a investigación científica, así como da proposta e execución da política do Goberno en materia de universidades e as actividades que a estas lles son propias, e do resto de competencias e atribucións que lle confire o ordenamento xurídico, incluídas a representación e a participación nos organismos da Unión Europea e internacionais.

<p>Entidades adscritas</p>

O Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades tamén desenvolve as súas funcións a través organismos públicos dependentes cuns labores concretos: Organismos Autónomos, rexidos principalmente polo dereito público; Entidades Públicas Empresariais, rexidas polo dereito público no exercicio das competencias públicas que teñen asignadas e polo dereito privado noutros aspectos; Axencias Estatais, reguladas por normas de dereito público, pero cunha maior autonomía de xestión; Fundacións Públicas, rexidas polas mesmas normas que as demais fundacións con algunhas excepcións; Empresas Públicas, rexidas polo dereito privado e nas que o Estado posúe máis do 50% da súa capital; e Consorcios con outras administracións.

<p>Organismos Públicos de Investigación (OPI) </p>

Son organismos públicos creados para a execución directa de actividades de investigación científica e técnica, de actividades de prestación de servizos tecnolóxicos, e daqueloutras actividades de carácter complementario, necesarias para o adecuado progreso científico e tecnolóxico da sociedade.

Teñen a condición de organismos públicos de Investigación da Administración Xeral do Estado a Axencia Estatal Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC); o Instituto de Saúde Carlos III (ISCIII), que ademais realiza actividades de financiamento da investigación científica e técnica; o Centro de Investigacións Enerxéticas Ambientais e Tecnolóxicas (CIEMAT), e o Instituto de Astrofísica de Canarias (IAC).

<p>Órganos colexiados e consultivos</p>

Os órganos colexiados e consultivos do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades ofrecen os seus coñecementos sobre cuestións determinadas e que a través das súas recomendacións ou ditames, contribúen á formulación das políticas públicas.

Así o Comité Español de Ética da Investigación é experto en materias relacionadas coa ética profesional na investigación científica e técnica; o Consello de Política Científica, Tecnolóxica e de Innovación, en materia de I+D+I; o Consello Asesor de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación é o órgano de participación da comunidade científica e tecnolóxica e dos axentes económicos e sociais; o Comité Polar Español coordina as actividades de España nas zonas polares constituíndo a Autoridade Polar Española; a Conferencia Xeral de Política Universitaria, en política universitaria; o Consello de Universidades é o órgano de coordinación académica; o Consello de Estudantes Universitario do Estado é o órgano de deliberación, consulta e participación das e os estudantes universitarios; e o Observatorio «Mulleres, Ciencia e Innovación» é o órgano que vela polos intereses da muller no ámbito da I+D+I.