<p>Sistema de Información sobre Ciencia, Tecnoloxía e Innovación (SICTI)</p>

O Sistema de Información sobre Ciencia, Tecnoloxía e Innovación (SICTI) é unha plataforma de información compartida entre o Estado e as Comunidades Autónomas, que se crea por mandato da Lei 14/2011, do 1 de xuño, da Ciencia, a Tecnoloxía e a Innovación.

O SICTI é un elemento de gobernación do Sistema Español de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación (SECTI), utilizado para levar a cabo o seguimento e a avaliación da Estratexia Española de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación (EECTI) e dos plans que a desenvolven.

Así mesmo, o SICTI é a fonte para o desenvolvemento de estatísticas e indicadores específicos no ámbito da ciencia, a tecnoloxía e a innovación.

<p>Sistema Integrado de Información Universitaria (SIIU)</p>

O Sistema Integrado de Información Universitaria (SIIU) é unha plataforma de recollida, procesamento, análise e difusión de datos do Sistema Universitario Español.

En 2010 comeza o desenvolvemento do SIIU coa participación das comunidades autónomas, as universidades e o Ministerio, para o que se crea a Comisión de Estatística e Información Universitaria, alicerce fundamental do sistema. O SIIU axunta recursos de todas as institucións que configuran o Sistema Universitario Español e permite dispor de información homoxénea e comparable.

O SIIU é, ademais, unha ferramenta primordial para a obtención das estatísticas universitarias oficiais recollidas no Plan Estatístico Nacional.

<p>Datos abertos e reutilización</p>

A publicación de datos abertos permite compartir coa cidadanía información valiosa da que pode obterse un novo valor engadido. Vantaxes da publicación de datos públicos son: a transparencia; liberar o valor social e comercial dos datos; promover a participación e compromiso da cidadanía.

O obxectivo da política de datos abertos do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades é proporcionar os datos que obren no seu poder de modo que de forma aberta calquera cidadán ou empresa poida explotalos e reutilizalos, sempre cumprindo coas condicións a que obriga a normativa de aplicación.