O Comité Polar Español (CPE) é a autoridade española encargada de coordinar as actividades de I+D+I de España nas zonas polares. O Real Decreto 852/2020, do 22 de setembro, regula a súa composición e funcionamento.
Actualmente o CPE adscríbese ao Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades a través da Secretaría Xeral de Investigación quen ostenta a Presidencia do Comité como Autoridade Nacional Polar. Ademais, o CPE está composto por unha serie de vocalías representadas polos diferentes ministerios e institucións implicados na actividade polar española; e unha Secretaría Técnica, que é a responsable de impulsar, coordinar e supervisar as actividades que determine o Comité ou as que lle atribúa a Autoridade Polar Nacional.