Programa posdoctoral de ESO en Europa 2026/2027

Aberta

Observatorio Europeo Austral (ESO)

Ano: 2026

Data de publicación: agosto 2026

Prazos de Solicitude: - Fin: 15/10/26

O Observatorio Europeo Austral (ESO) abriu a convocatoria do seu programa posdoctoral en Europa para 2026/2027 (ESO Fellowship Programme Europe 2026/2027), destinado a persoal investigador nas primeiras etapas da súa carreira científica.

O programa ofrece a posibilidade de desenvolver un proxecto de investigación independente na sede de ESO en Garching, preto de Múnic (Alemaña), dentro dunha contorna científica internacional e en estreito contacto con persoal investigador, especialistas en instrumentación e outros profesionais da organización.

Os contratos teñen unha duración de tres anos. Ademais de desenvolver a súa actividade investigadora, as persoas seleccionadas dedicarán un 25% do seu tempo a actividades funcionais, que poderán incluír formación en ámbitos tecnolóxicos avanzados ou participación en proxectos de ESO.

Poden presentar a súa candidatura quen obtivesen o doutoramento en astronomía, física ou unha disciplina relacionada, ou estean en condicións de obtelo antes do 1 de novembro de 2027. A convocatoria está aberta a persoal investigador de calquera ámbito da astrofísica observacional, teórica ou computacional.

ESO ofrece unha remuneración competitiva, prestacións sociais e apoio económico para o traslado familiar, ademais de financiamento para asistir a congresos e talleres e realizar estadías científicas noutras institucións.

As candidaturas deberán presentarse mediante o formulario dispoñible no portal de emprego de ESO.

A solicitude deberá incluír, utilizando os persoais oficiais de ESO, unha carta de motivación, un plan de investigación e unha relación da traxectoria académica e investigadora. Tamén deberán facilitarse os datos de contacto de tres persoas de referencia.

O prazo finaliza o 15 de outubro de 2026.