Aerofondo nace do compromiso alcanzado entre o presidente do Goberno Pedro Sánchez e o CEO de Airbus, Guillaume Faury en xullo do 2020, de crear un fondo para o desenvolvemento e consolidación da cadea de subministración aeroespacial española.
O obxectivo é crear un vehículo de investimento estratéxico activo na industria aeroespacial e de defensa en España, proporcionando financiamento temporal a empresas cun rol relevante dentro da cadea de valor española –unhas 60 ou 70 empresas de tamaño medio que forman parte da cadea de subministración do sector aeroespacial– (Tier 2 e Tier 3).
A estratexia de investimento baséase en capital flexible a longo prazo con posibilidade de investir nunha mesma compañía en diferentes fases co fin de acompañalas no seu crecemento ou consolidación dentro do sector. As compañías obxectivo son empresas activas no sector aeroespacial cun rol relevante dentro da cadea de valor española.
A Xestora adoptará un enfoque baseado no progreso compatible cos obxectivos de descarbonización e transición enerxética.
O Aerofondo constituíuse en xuño de 2021 cun capital de 100 M € onde participan SEPIDES (filial de SEPI) con 33,3 M €, Tikehau Capital con 33,3 M €, Airbus con 28,5 M€ e Indra con 5 M €.
Execución e resultados
Operacións realizadas: a finais de 2022 pecháronse dúas operacións por un importe total de 11,1 M €. Actualmente as empresas están en proceso de reordenación, reorganización, homoxeneización e optimización (procesos, comercial, informe financeiro) co obxectivo de que operen como unha soa compañía.