Francisco Marín Pérez, Premio Nacional de Innovación "Traxectoria Innovadora"

Francisco Marín, coñecido no mundo da I+D+I como “Paco”, combinou na súa xa longa traxectoria profesional varias apostas ben definidas: a tecnoloxía como creación de valor, a empresa como xeración de riqueza e o asociacionismo como axente movilizador dunha sociedade avanzada. 

En cada un deses vectores tratou de actuar de forma creativa, creando produtos tecnolóxicos de éxito mundiais, empresas fortemente internacionalizadas e asociacións reputadas como o Foro de Empresas Innovadoras. Hoxe en día continua con esas actividades como promotor de fondos de Venture Capital, vicepresidente da Comisión de I+D+I de CEOE e membro honorario de COTEC. Todo iso no empeño de que España se sume ao grupo de países líderes na xeración de sociedades máis prosperas, baseándose na Ciencia, a Tecnoloxía e a Innovación.