Álvaro Catalán de Ocón Roca de Togores Premio Nacional de Diseño 2023. Trayectoria en Diseño

Pola transcendencia internacional da súa concepción do deseño como narrativa inequívoca do mellor e máis inclusivo deseño español no século XXI. Con presenza nos cinco continentes, en cinco dos museos máis relevantes do mundo, e produtos verdadeiramente icónicos como a lámpada PET, a través dun diálogo sincero baseado no respecto intercultural e na mestizaxe de disciplinas, materiais, técnicas e afectos, Catalán de Ocón conseguiu, desde o seu estudo en Carabanchel, fóra do sistema industrial convencional, lanzar unha potente mensaxe ao mundo do deseño e pór o acento na importancia da colaboración, a protección mutua, a sustentabilidade e o irmandamento entre culturas.