<p>Exposición sobre as 25 edicións dos Premios Nacionais de Dese&ntilde;o</p>

España Diseña. 25 ediciones de los Premios Nacionales de Diseño

Con motivo da celebración da 25 edición dos Premios Nacionais de Deseño, a Secretaría de Estado de I+D+I organiza a exposición “España Deseña. 25 edicións dos Premios Nacionais de Deseño”. Este exercicio de retrospectiva reúne obras dos galardoados nestas 25 edicións co obxectivo de recoñecer o esforzo e a contribución do deseño á innovación e ao desenvolvemento da nosa sociedade ao longo das últimas décadas.

A finalidade de “España Deseña” é contribuír a reforzar o recoñecemento da actividade deseñadora dos galardoados, resaltar a súa singularidade, a proxección internacional do seu traballo, e mostrar como o deseño en España é reflexo dunha sociedade dinámica, innovadora e creativa. As obras dos galardoados achegan valor documental sobre a súa sólida traxectoria profesional no ámbito do deseño e a singularidade do seu traballo e contribuirán a reforzar a percepción social do deseño.

Organizador:

Colaboradores:

icono-contacto

Premios Nacionales de Innovación y de Diseño

P.º de la Castellana 162. 28046 Madrid

pnid@ciencia.gob.es