Para o acceso ao persoal investigador funcionario das escalas dos Organismos Públicos de Investigación (OPI) é necesario o título de doutor/a ou equivalente.
Poden participar persoas españolas, nacionais da Unión europea, e os seus cónxuxes, persoas estranxeiras incluídas no ámbito de tratados internaciones celebrados pola Unión europea, ou estranxeiras que se achen regularmente en territorio español, no momento do nomeamento ou do sinatura do contrato. As probas poderanse celebrar en inglés para as persoas estranxeiras.
O sistema selectivo é o concurso baseado na valoración do currículo do persoal investigador: méritos achegados relacionados coa actividade investigadora, de desenvolvemento experimental, de transferencia de coñecemento e de innovación, así como a adecuación das competencias e capacidades das candidaturas ás características das prazas.
Os órganos de selección estarán formados maioritariamente por persoal non pertencente ao mesmo OPI do posto de traballo. Poderán formar parte dos este órganos aquelas persoas, españolas ou estranxeiras, teñan ou non unha relación de servizos co Organismo Público de Investigación e con independencia do tipo de relación, que poidan ser considerados profesionais de recoñecido prestixio en investigación, desenvolvemento experimental, transferencia de coñecemento ou innovación no ámbito de que se trate.
- Escala de Persoal Científico Titular (R3). Funcións que comprendan ás actividades de investigación científica ou tecnolóxica.
- Escala de Persoal Investigador Científico (R4). Funcións de alto nivel, dentro das distintas actividades que constitúan a finalidade específica do Organismo.
- Escala de Profesorado de Investigación (R4). Funcións de especial esixencia e responsabilidade, dentro das distintas actividades que constitúan a finalidade específica do Organismo, cun labor investigador propia de singular relevancia.