<p>Directora Xeral de Planificación, Coordinación e Transferencia de Coñecemento</p>
Licenciada en Ciencias Ambientais e con máster en Dereito da Enerxía, Rivera pertence ao Corpo Superior de Administradores Civís do Estado. Conta con máis de 20 anos de experiencia profesional en Relacións Internacionais e exerceu os catro primeiros anos da súa actividade laboral en Francia, no Consello de Europa, no ámbito da cooperación e dos dereitos humanos e no sector da consultoría.
Desde xaneiro de 2020, foi directora do Gabinete da Secretaría Xeral de Innovación do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, conselleira do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e a Innovación (CDTI) e presidenta da Comisión Permanente da Axencia Espacial Española.
Así mesmo, traballou entre agosto do 2021 ata setembro de 2022 para a Comisión Europea como experta nacional destacada na Axencia Europea de Medio Ambiente, na monitorización do cambio climático con datos e produtos de observación da terra, así como na elaboración de indicadores e datos para a toma de decisións.
Anteriormente exerceu como vogal asesora no Gabinete da Vicepresidenta Terceira do Goberno e Ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico. Tamén foi membro do Consello de Administración da Axencia Europea de Medio Ambiente e coordinadora do Foro de Usuarios do Programa de Observación da Terra, Copernicus durante seis anos. Ata formar parte da Administración Xeral do Estado, traballou no Consello de Europa.