<p>Vocacións STEAM</p>

STEM son as siglas que identifican as disciplinas Science, Technology, Engineering e Mathematics, é dicir, ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas. Desde hai uns anos existe tamén a tendencia a incorporar a arte ás disciplinas STEM para xerar innovación e creatividade nos procesos, falando de STEAM.

Inclúense estratexias e iniciativas realizadas desde distintos ámbitos públicos e privados, nacionais e internacionais, para fomentar entre as nenas e adolescentes as vocacións científicas desde as materias relacionadas con estes ámbitos (ciencia, tecnoloxía, enxeñaría, artes e matemáticas) e servir de apoio ás vocacións científico-tecnolóxicas nas mozas.