<p>Semana Administración Aberta 2024</p>

A Semana da Administración Aberta é unha iniciativa impulsada a nivel mundial pola Alianza para o Goberno Aberto (Open Gov Week), que en 2024 vaise a celebrar en España durante os días 10 ao 16 de xuño. O seu obxectivo principal é achegar as Administracións Públicas á cidadanía, baseándose nos principios do Goberno Aberto: transparencia, rendición de contas, participación cidadá, integridade pública e colaboración.