A reforma da Lei contén unha serie de medidas para impulsar a cogobernanza entre administracións, para que o talento investigador e innovador poida desenvolverse desde calquera recuncho do país:
- Define por primeira vez o Mapa de Infraestruturas Científicas e Técnicas Singulares (ICTS) no que poderán investir tanto o Goberno como o resto das administracións que participan na súa titularidade.
- Crea unha nova forma de coordinación xeral da investigación científica e técnica: os Plans Complementarios entre o estado e as comunidades autónomas. Trátase de oito programas de investigación en oito áreas estratéxicas que mobilizarán 445 millóns de euros ata 2025, dos que o Ministerio de Ciencia e Innovación achegará 285 M €. O obxectivo destes plans complementarios é impulsar a ciencia e a innovación como pancas de transformación en todo o territorio español.
- Concreta o ámbito de competencias do Comité de Ética da Investigación, incluíndo a integridade científica e a investigación responsable. O Comité, ademais, pasa a ser un órgano colexiado.