<p>Lei Orgánica do Sistema Universitario (LOSU)</p>

O obxectivo da Lei Orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do Sistema Universitario (LOSU) é regular o sistema universitario e os mecanismos de coordinación, cooperación e colaboración entre as Administracións Públicas con competencias universitarias.

Destacan nesta Lei os seguintes aspectos:

  • Desenvolve un modelo académico que asegura unha formación integral avanzada e ampla e o desenvolvemento de habilidades persoais e profesionais, tanto docentes como investigadoras, para desenvolver o pensamento crítico e para acceder a empregos de calidade.
  • Inclúe a formación permanente ou ao longo de toda a vida como dimensión esencial da función docente da Universidade. Igualmente, establécense fórmulas de transferencia e conexión entre a formación profesional superior e a Universidade ao servizo dos procesos de actualización laboral e persoal do conxunto da poboación.
  • Incorpora modificacións substanciais nas disposicións relativas ao estudiantado, como son os seus estatutos, maior publicidade á oferta académica, participación estudantil en todos os servizos e aspectos que lles afecta na súa traxectoria académica e vital, a calidade e intensidade da experiencia universitaria e o recoñecemento ao estudiantado de créditos académicos pola súa implicación en actividades sociais e universitarias.
  • Establece que os órganos colexiados e as comisións de avaliación e selección nas universidades garantirán unha composición equilibrada entre mulleres e homes.
  • Fomenta la condici&oacute;n de las universidades como agentes de creaci&oacute;n y reflexi&oacute;n cultural, as&iacute; como de protecci&oacute;n, conservaci&oacute;n y difusi&oacute;n del patrimonio hist&oacute;rico y cultural del que son depositarias.
  • Establece tres niveis de progresión fronte aos catro vixentes ata agora. Así, a carreira académica seguirá as etapas de incorporación, consolidación e promoción.