LT2.A1.1: Convocatoria MINCOTUR Apoio aos Proxectos de Innovación Industrial e Sustentabilidade en procesos e produtos do sector farmacéutico e de produtos sanitarios
Estas axudas teñen como obxectivo impulsar as actuacións en innovación e sustentabilidade, que permitan potenciar os sectores farmacéutico e de produtos sanitarios, tendo en conta, tanto o contexto de saída da crise derivada da COVID-19, como a necesidade dunha recuperación en clave ecolóxica, sobre a base da neutralidade climática e a protección ambiental. As axudas apoian a execución de proxectos estratéxicos para a transición industrial do sector farmacéutico e do sector produtos sanitarios. O ámbito temático é o desenvolvemento e implementación de proxectos de innovación en sustentabilidade, en empresas industriais do sector farmacéutico e o sector de produtos sanitarios.
LT2.A1.2: Liña de financiamento para as empresas no ámbito da saúde (Préstamos e subvención)
Ten como obxectivo financiar proxectos de investigación e desenvolvemento empresarial de carácter aplicado para a creación ou mellora significativa dun proceso produtivo, produto ou servizo. Os proxectos deben demostrar un aspecto tecnolóxico diferencial sobre as tecnoloxías existentes no mercado. Os proxectos de I+D poden comprender tanto actividades de investigación industrial como de desenvolvemento experimental.
LT3.A1.3: Axudas ENISA
As axudas ENISA son axudas en forma de préstamo que están deseñadas para impulsar ás pequenas e medianas empresas españolas con proxectos viables e innovadores.