OE1.A1: Financiamento para a xeración e transferencia de coñecemento en forma de proxectos de I+D+I

Dentro desta actuación para apoiar a Medicina Personalizada de Precisión atópanse diversas medidas.

OE1A1.1: Convocatoria ISCIII de Medicina Personalizada de Precisión

O obxectivo desta convocatoria é fomentar o despregamento progresivo da medicina personalizada de precisión no sistema sanitario mediante o financiamento de proxectos de I+D+I.

OE1A1.2: Misións Conxuntas do Ministerio de Ciencia e Innovación e Ministerio de Sanidade- Medicina Personalizada de Precisión: Xenómica

Esta convocatoria conéctase coas actuacións previas de Medicina Personalizada de Precisión, así como coa Infraestrutura de Medicina de Precisión asociada á Ciencia e a Tecnoloxía – IMPaCT (impact.isciii.es). A medicina xenómica supón unha oportunidade diagnóstica e terapéutica para moitos pacientes e as súas familias. Esta convocatoria persegue o deseño e implantación programas de Medicina Xenómica integrados no Sistema Nacional de Saúde (SNS) , así como a súa avaliación en termos de política sanitaria.

OE1A1.3: Misións Conxuntas Ministerio de ciencia e Innovación e Ministerio de Sanidade- Medicina Diagnóstico ELA e Enfermidades Raras

O procedemento diagnóstico de moitas enfermidades raras, neuro-musculares e Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA) resulta especialmente complexo. Esta circunstancia pode provocar un alto impacto clínico, social e económico. A través desta convocatoria preténdese facilitar a posta en marcha de accións coordinadas que permitan implementar asistencialmente a innovación en procedementos diagnósticos, terapéuticos e rehabilitadores nestes pacientes.

OE1A1.4: Actuación conxunta ISCII-CDTI- Transmisións 2023

A través desta convocatoria fináncianse proxectos de I+D no ámbito da saúde que permitan obter diagnósticos precoces e máis precisos, tratamentos innovadores e personalizados, e/ou melloras no seguimento e rehabilitación das persoas. Os proxectos perseguen xerar un resultado de aplicabilidade industrial e/ou empresarial. Participan de forma conxunta empresas e centros e organismos de investigación da contorna do Sistema Nacional de Saúde (SNS).

OE1A1.5: Actuación conxunta AEI-CDTI-Transmisións 2024

A través desta convocatoria fináncianse proxectos en colaboración público-privada e compartindo o liderado para abordar os retos relacionados coas enfermidades infecciosas e resistencia microbiana.

icono-contacto

Comisionado del PERTE para la Salud de Vanguardia

C/Lázaro Galdiano, 4

perte.salud@ciencia.gob.es