Nazario Martín. Premio Nacional de Investigación Enrique Moles

Premiado Nazario Martín León, catedrático de Química Orgánica na Universidade Complutense de Madrid e vicedirector do Instituto IMDEA-Nanociencia da Comunidade de Madrid. Pola súa contribución científica na área dos materiais moleculares e de nanoformas de carbono, e polas aplicacións destas investigacións no campo da electrónica molecular. O xurado resaltou a relevancia internacional do traballo científico do candidato, o seu labor de mentor e de impulsor de novas xeracións de investigadores, a súa implicación en postos de responsabilidade científica e de xestión da investigación e, en definitiva, a achega que toda esta actividade supuxo para o progreso da Química en España.