María Llorens, Premio Nacional de Investigación en Medicina y Ciencias de la Salud

María Vitoria Llorens Martín foi recoñecida polo seu liderado e a calidade das súas achegas á área da neurobiología que converteron ao seu grupo de traballo nun referente internacionalmente recoñecido no estudo da capacidade regenerativa do cerebro humano.

Llorens é Científico Titular do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) no Centro de Bioloxía Molecular Severo Ochoa e investigadora principal no Centro de Investigación Biomédica en Rede (CIBER).