Montserrat Guillen Estany, Premio Nacional de Investigación Pascual Madoz en Derecho y Ciencias Económicas y Sociales

Monserrat Guillen Estany, é catedrática de Métodos Cuantitativos para a Economía e a Empresa na Universitat de Barcelona. Recibiu o Premio por ser unha figura pioneira e referente internacional en economía do risco e ciencias actuariais, cunha traxectoria académica e científica de gran impacto, cuxos traballos están a transformar profundamente a análise de riscos e a economía do seguro no século XXI, integrando métodos cuantitativos con tecnoloxías como o Big Data e a intelixencia artificial levándoos a campos de especial interese social como lonxevidade, condución de automóbil, contaxio financeiro e máis recente o clima.