Jose M. Sans Amill S.A. Mención Especial en Diseño 2024 modalidad Diseño y Empresa

Jose M. Sans Amill SA. foi recoñecido como exemplo da capacidade do deseño de converter un oficio artesán nun produto industrial que alaga de beleza, funcionalidade, innovación e identidade fogares, establecementos e espazos diversos de todo o mundo.

Con sede en Tarragona e en Estados unidos, e tras máis de vinte anos inmersa nun proceso de internacionalización que levou a marca Kriskadecor a máis de 90 países, a súa forma de axuntar innovación e flexibilidade produtiva permitiulles colaborar con outros deseñadores dunha maneira eficiente e con resultados estéticos incomparables que van desde unha parede de 40 metros de altura no vestíbulo dun hotel de luxo en Dubái a un escenario deseñado para a gala dos premios Óscar.

A terceira xeración da familia converteu as populares cortinas de cadeas de aluminio nun produto innovador e adaptable ás necesidades de deseñadores e arquitectos a nivel internacional.