Sancal Deseño S.L. Premio Nacional de Deseño 2024 Deseño e Empresa
Sancal Deseño S.L. foi premiada por cincuenta anos de traxectoria empresarial guiados polo novo concepto de “produto feliz”, como referencia a un mobiliario coidado, froito dun proxecto concibido con dedicación, creatividade, risco e innovación, que conseguiu estar presente en máis de noventa países e ofrecer ao mundo a mellor versión do deseño pensado, creado e realizado en España e no que a memoria, cun claro arraigamento local, é tamén generadora de ilusión e beleza.
A suma de deseño e innovación, que transcende a visión de mercado para impactar tamén na organización, dá paso a novas coleccións que melloran a competitividade e favorecen a aceptación internacional. Ademais, Sancal Deseño apostou pola consolidación dun hub multidisciplinar desde o que se realizan proxectos de deseño gráfico, de produto e interiores grazas a unha dirección de arte que controla todo o proceso de deseño desde a idea e a selección de colaboradores ata a produción e a súa posterior estratexia de comercialización, exemplo dunha espléndida xestión transversal do deseño.