As zonas polares son lugares remotos da Terra; a distancia e condicións extremas das mesmas fai que calquera actividade que alí se desenvolva necesite dunha planificación loxística exhaustiva.
A loxística da campaña antártica española está coordinada pola Unidade de Tecnoloxía Mariña do CSIC. O Comité Polar Español é o encargado da coordinación xeral da campaña antártica española.
As operacións nas zonas polares están favorecidas pola colaboración internacional, que con base nos acordos adoptados, comparten recursos loxísticos.