A Fundación CNIO ten como finalidade promover a investigación oncolóxica e a consecuente promoción dos avances científico e sanitarios nesta área. Investiga os aspectos máis básicos do cancro, como os xenes e procesos celulares implicados no seu desenvolvemento, e busca novas estratexias terapéuticas e fármacos. É un dos mellores centros de investigación en cancro a escala global, segundo as clasificacións elaboradas por institucións independentes.
Traballa con oncólogos clínicos e fai innovación, xerando patentes, colaborando coa industria e creando empresas spin-off. Tamén ofrecemos servizos a outros científicos e apoio no diagnóstico e prognóstico do cancro.