<p>ESS Bilbao</p>

O Consorcio ESS Bilbao é un consorcio público cofinanciado pola Administración Xeral do Estado e o Goberno Vasco. Constitúese, por unha banda, como a sede española da Fonte Europea de Neutróns por Espalación (European Spallation Source, ESS) e, por outra, como centro de investigación independente especializado no desenvolvemento de ciencia e tecnoloxía no campo da aceleración de partículas.  

As súas actividades céntranse en: 

  • Canalizar as achegas de España ao ESS-ERIC durante a fase de construción da Fonte Europea de Espalación en Lund (Suecia). Na actualidade están a traballar en diversos paquetes de traballo como parte da esta contribución. 
  • Promover a xeración de coñecemento en tecnoloxías neutrónicas en sentido amplo, desde o acelerador ata o branco e os instrumentos. 
  • Conseguir excelencia nos campos da ciencia e as tecnoloxías neutrónicas, ocupando unha posición como centro de prestixio internacional. 
Infografía ESS Bilbao
icono-contacto

ESS Bilbao

Parque Científico y Tecnológico de Bizkaia. Laida Bidea, Edificio 207-B. 48160 Derio, Bizkaia

946 076 620

essbilbao@essbilbao.org