O Consorcio para o impulso da construción en España da infraestrutura científico-técnica “International Fusion Materials Irradiation Facility-Demo Oriented Neutron Source” (IFMIF-DONS España) ten a súa sede en Granada e está cofinanciado pola Administración Xeral do Estado e a Xunta de Andalucía. Ten como obxectivo contribuír ao Programa Europeo de Fusión, entre outros, mediante a participación no deseño, construción e explotación da instalación científica IFMIF-DONS.
IFMIF-DONS é unha fonte de neutróns, baseada nun acelerador de partículas de alta corrente, cuxo obxectivo é o desenvolvemento, cualificación e licenciamiento de materiais capaces de soportar as condicións extremas ás que estarán expostos os compoñentes da primeira parede do futuro reactor de fusión. A construción de IFMIF-DONS é un dos alicerces fundamentais do “roadmap” europeo para conseguir o obxectivo de construír unha Planta Demostradora de Produción Eléctrica de Fusión (DEMO). IFMIF-DONS España xestionará e promocionará a colaboración científica, económica, técnica e administrativa entre todas as entidades participantes. Ademais, ostentará a titularidade científico-técnica da infraestrutura científica. Será unha infraestrutura de investigación para probar e validar os materiais que se utilizarán en futuras plantas de enerxía de fusión como DEMO.