Esta área temática refírese ao uso da análise de sexo/xénero en todas as fases do ciclo da investigación, que significa ter en conta tanto as características biolóxicas de mulleres e homes (sexo) como as características sociais e culturais en evolución de mulleres e homes (xénero).
Nalgúns proxectos só será relevante para a investigación unha análise de sexo, por exemplo, estudos preclínicos en células e tecidos, e en animais na maioría dos casos, ou estudos médicos para desenvolver novos fármacos.
Nalgúns outros, só será necesario unha análise de xénero (principalmente en estudos nos que as diferenzas biolóxicas non desempeñan un papel), por exemplo, reducindo as desigualdades de xénero existentes mediante o desenvolvemento de novas ferramentas destinadas a detectar e previr a violencia de xénero.
E noutros casos, tanto o sexo como o xénero interactúan nun estudo en particular, por exemplo, en estudos de nutrición ou exercicio, onde factores hormonais, fisiológicos e culturais poden influír na probabilidade de enfermidade.
Liñas de actuación:
- fomento da dimensión de xénero nos proxectos de I+D+I,
- indicadores de género en el seguimiento y evaluación de proyectos financiados, y
- apoio ás investigacións interdisciplinares en estudos de xénero.