Acreditación para o acceso aos corpos docentes universitarios

As funcións de orientación, avaliación, certificación e acreditación dos méritos das persoas aspirantes aos corpos docentes de funcionarios (cátedra e titularidade) corresponden á Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA).

O programa ACADEMIA avalía os méritos de investigación, docencia, transferencia e xestión para obter a acreditación para o acceso aos corpos docentes de Titular de Universidade e Catedráticos de Universidade.

Reclamacións e recursos

Poderanse presentar reclamacións contra as resolucións da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA) sobre as solicitudes de acreditación para o acceso aos corpos docentes universitarios (profesores/as titulares de Universidade e catedráticos/as de Universidade). En caso de desconformidade co resultado da reclamación poderá tamén interpor un recurso potestativo de reposición a través da sede electrónica do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, ou ben ser recorrida directamente ante a Xurisdición Contencioso-administrativa.

icono-contacto

Consultas sobre el procedimiento y solicitud (Sexenios de investigación)

Portal ANECA Responde

Consultas generales

Formulario de consultas generales