Programa Marco da UE
O Programa Marco (PM) é a principal iniciativa comunitaria de fomento e apoio ao I+D+i na Unión Europea, tendo como principal obxectivo a mellora da competitividade mediante o financiamento fundamentalmente de actividades de investigación, desenvolvemento tecnolóxico, demostración e innovación en réxime de colaboración transnacional entre institucións de investigación e empresas pertencentes tanto aos países da Unión Europea e Estados Asociados como de terceiros países. Ademais, presta apoio financeiro á mellora e coordinación das infraestruturas de investigación europeas, a promoción e formación do persoal investigador e a investigación básica.
Durante o período 2014-2020 desenvolveuse o programa Horizonte 2020 (H2020), a oitava edición do PM da UE e que centrou os seus esforzos en tres alicerces fundamentais: reforzar a ciencia excelente, promover o liderado industrial, e abordar os retos da nosa sociedade.
Horizonte Europa (HEI) toma a substitución de H2020 a partir do 2021. Este noveno PM (2021-2027) contará con maior orzamento e novos instrumentos para reforzar as capacidades científicas e tecnolóxicas da UE, impulsar a súa capacidade de innovación, mellorar a competitividade e o emprego, e cumprir coas prioridades dos cidadáns, todo iso, á vez que se fortalecen os valores da sociedade europea. O tres alicerces nos que se estrutura o HEI son:
- Ciencia aberta.
- Retos globais e competitividade industrial.
- Innovación aberta.
Seleccione o tipo de erro que desexa reportar
-
Se detectou que unha das ligazóns non leva a ningunha páxina...
-
Se detectou un erro de URL nunha ligazón...
-
Se detectou un erro no contido...
-
Se detectou que o contido non se mostra...
-
Se a información non lle foi de utilidade...