A política de cohesión do período 2014-2020 deberá orientarse a resultados con maior intensidade que en períodos anteriores, co fin de contribuír de maneira visible aos obxectivos da Estratexia Europa 2020.
Os regulamentos da Unión Europea establecen a obriga de levar a cabo avaliacións de eficacia, eficiencia e impacto da axuda dos fondos do Marco Estratéxico Común, co obxectivo de mellorar a calidade na execución e o deseño dos programas, e determinar os efectos dos mesmos en relación coas metas da estratexia da Unión para un crecemento intelixente, sustentable e integrador.
Co fin de mellorar a calidade e o deseño de cada programa e de verificar a viabilidade dos seus obxectivos e metas, debe efectuarse unha avaliación ex ante dos mesmos, que se remitirá á Comisión xunto co programa operativo.
Durante o período de programación, as autoridades de xestión deben realizar avaliacións para estimar a eficacia e o impacto do programa. Para facilitar as decisións de xestión, debe informarse ao comité de seguimento e á Comisión dos resultados das avaliacións.
Así mesmo, realizaranse avaliacións ex post dos programas, para estimar a eficacia e a eficiencia dos fondos e o seu impacto en relación cos obxectivos globais dos propios fondos e da estratexia da Unión para un crecemento intelixente, sustentable e integrador. Ditas avaliacións serán levadas a cabo pola Comisión Europea.
O sistema de indicadores será unha peza crave do sistema de seguimento e avaliación para o período 2014-2020. O sistema de indicadores deberá incluír os indicadores comúns (definidos pola Comisión e recolleitos nos regulamentos), así como indicadores específicos de programa. Todos estes indicadores, en función da súa natureza, pódense clasificar en: indicadores de realización e indicadores de resultado. Unha selección destes indicadores configurará o Marco de Rendemento, que debe definirse en cada un dos programas coa finalidade de facilitar o seguimento dos mesmos.
O Plan de Avaliación FEDER 2014-2020 presenta unha estrutura en dous partes: unha parte común a todos os programas e outra específica para cada un deles.