<p>Transferencia de co&ntilde;ecemento</p>

A reforma de lei recoñece e impulsa a transferencia de coñecemento, unha das carencias do sistema de I+D+I español, e sitúaa como dereito, obriga e mérito no Sistema, o que permitirá incluír novos mecanismos como o sexenio de transferencia para investigadores. O obxectivo deste alicerce da nova Lei de Ciencia é incentivar o traslado directo do coñecemento e a innovación xerados no sector público ás empresas e á sociedade.

A lei regulará a compra pública de innovación nas súas dúas modalidades: compra pública precomercial e compra pública de tecnoloxía innovadora. Ademais, posibilítase ás administracións públicas investir en sociedades mercantís mediante instrumentos que xa funcionan con éxito en universidades doutros países.

Doutra banda, a participación en beneficios derivados dos resultados de investigación ascenderá, polo menos, a un terzo, no caso do persoal dos organismos públicos de investigación e entidades do sector público estatal. Ademais, protéxese a posición pública cando se transfiren dereitos sobre os resultados de investigación.

La norma tambi&eacute;n contempla establecer bancos de pruebas regulados de I+D+I, tambi&eacute;n conocidos como sandboxes, que se llevar&aacute;n a cabo &uacute;nicamente con fines de investigaci&oacute;n o innovaci&oacute;n.

Doutra banda, as Oficinas de Transferencia de Resultados de Investigación (OTRI), pasarán a chamarse Oficinas de Transferencia de Coñecemento (OTC).

A lei tamén fomentará a participación da cidadanía no proceso científico-técnico e incentivarase e recoñecerá o papel do persoal de investigación que realiza divulgación e das Unidades de Cultura Científica.