ACT01: Avión cero emisións, UAV e sistemas aeronáuticos

As actividades de I+D+i correspondentes ao desenvolvemento do futuro avión de cero emisións (tanto no referente á descarbonización, como a emisión doutros contaminantes atmosféricos como o NOx, os COV, etc.), vehículosaéreos non tripulados (UAV) e sistemas aeronáuticos, se incardinan no Plan Tecnolóxico Aeronáutico (PTA), xa establecido no Plan de Recuperación. Os compoñentes priorizados no PTA son:

  • Os sistemas de potencia baseados en hidróxeno, os tanques de hidróxeno, os sistemas de control e a estrutura que o integra serían os compoñentes fundamentais deste desenvolvemento, que conforma así un subsistema complexo de alto valor de integración tecnolóxica.
  • As aplicacións dos vehículos aéreos non tripulados (UAV) en ámbitos como: medioambiente, agricultura, transporte de paquetería, seguridade, transporte de persoas, etc., cun alto potencial no que se refire a eficiencia e redución de emisións.
  • Sistemas, como aviónica, equipos embarcados, actuación e control, sistemas para xestión do tráfico, comunicacións, simulación, etc.

No PTA potenciaranse novas tecnoloxías emerxentes como fonte potencial de optimización e mellora continua no sector aeronáutico para aumentar un futuro crecemento grazas á súa facilidade de adaptación en áreas como:

  • A optimización aerodinámica das aeronaves e a súa adecuación a cada fase da misión que permite reducir consumos e aumentar a eficiencia das aeronaves e a súa operación.
  • A optimización estrutural e a utilización de novos materiais, combinado con novos procesos de fabricación e/ou impresión 3D.
  • Sistemas de xestión con Intelixencia Artificial incluídos en diversos subsistemas da aeronave.

A ACT01: Avión cero emisións, UAV e sistemas aeronáuticos,ten o obxectivo xeral de apoiar proxectos de I+D empresarial en cooperación, en tecnoloxías aeronáuticas, que contribúan a alcanzar algúns dos retos identificados en relación con:

  • Tecnoloxías enfocadas á redución de emisións: avión cero emisións.
  • UAS.
  • Sistemas.
  • Fabricación intelixente e avanzada: Dixitalización.

O apoio a estes proxectos é en forma de subvención e xestionouse polo Centro de Desenvolvemento Tecnolóxico e Industrial (CDTI), lanzándose tres convocatorias do PTA nos anos 2021, 2022 e 2023. Os beneficiarios son agrupacións de empresas , cun orzamento reservado para agrupacións compostas por pemes .

Execución e resultados

En canto á súa execución orzamentaria, as convocatorias de 2021, 2022 e 2023 teñen asignado un orzamento de 40, 80 e 41,7M€, respectivamente.

Concedéronse un total de 31 proxectos nas convocatorias de 2021 e 2022, a 143 empresas beneficiarias, das cales, 91 son PEMES. Estes proxectos subcontratarán actividades de investigación a 149 Universidades, asociacións de investigación ou centros tecnolóxicos. As propostas presentadas na convocatoria de 2023 atópanse en proceso de avaliación

Os primeiros proxectos do PTA comezaron a súa execución o 31/01/2022, de modo que é pronto para obter resultados tecnolóxicos. A lista de proxectos aprobados, así como as organizacións que toman parte neles, pódese atopar nas ligazóns das convocatorias.

RESPONSABLE DEL TRATAMIENTO Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades. División de Atención al Ciudadano y Publicaciones. P.º de la Castellana, 162, 28046 Madrid
DELEGADO DE PROTECCIÓN DE DATOS dpd@ciencia.gob.es
FINALIDAD DEL TRATAMIENTO Gestionar la comunicación e información con la ciudadanía.
BASE JURÍDICA Artículo 6.1.a) del RGPD: El interesado dio su consentimiento para el tratamiento de sus datos personales para uno o varios fines específicos.
DERECHOS RECONOCIDOS Puede ejercitar sus derechos de acceso, rectificación, supresión y portabilidad de sus datos, y de limitación u oposición a su tratamiento, a través del Procedimiento de ejercicio derechos datos personales (CIENCIA - Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades ) disponible en la sede electrónica del Ministerio. Si considera que no se han tratado sus datos personales de acuerdo con la normativa, puede dirigirse al Delegado de Protección de Datos o bien presentar una reclamación ante la Agencia Española de Protección de Datos (Agencia Española de Protección de Datos | AEPD ).
INFORMACIÓN ADICIONAL Puede consultar información adicional en la Política de privacidad y protección de datos de la página web del Ministerio.