Plan de atracción e retención de talento científico e innovador a España

Este Plan contén 30 medidas que mobilizarán preto de 3.000 millóns de euros co obxectivo de que volvan os científicos que se foron, que non se vaian os que están e atraer aos mellores.

Entre as medidas, inclúense reformas regulatorias, novas convocatorias e ferramentas de información e comunicación, que van porse en marcha durante os próximos 18 meses.

As medidas do Plan divídense en tres eixos. O primeiro está dirixido a crear máis oportunidades e mellores condicións para o desenvolvemento da carreira científica en universidades e organismos públicos de investigación. O segundo eixo pretende eliminar barreiras e crear novos incentivos para a atracción de talento científico internacional ao sector público español. Así mesmo, o Plan contempla un terceiro eixo destinado a impulsar a incorporación de persoal científico e innovador internacional no sector privado.

Seleccione o tipo de erro que desexa reportar

  • Se detectou que unha das ligazóns non leva a ningunha páxina...

  • Se detectou un erro de URL nunha ligazón...

  • Se detectou un erro no contido...

  • Se detectou que o contido non se mostra...

  • Se a información non lle foi de utilidade...