Aitor Villafranca Velasco, Premio Nacional de Investigación para Mozas Ángela Ruiz Robles en Transferencia de Coñecemento
Aitor Villafranca es científico Titular en el Instituto de Óptica Daza de Valdés del CSIC.
Foi premiado polo impacto da súa traxectoria científica e a súa transferencia no ámbito da óptica e a fotónica integrada. O xurado destacou o elevado número de familias de patentes que obtivo, varias licenciadas e outras desenvolvidas en colaboración público-privada.
Tamén resaltou a creación polo galardoado dunha empresa, sendo o seu único socio científico fundador, centrada no desenvolvemento de circuítos fotónicos integrados. E, en último lugar, valorou a súa capacidade de transferencia de coñecemento á sociedade en forma de educación e divulgación.