Equipos Móbiles de Campaña ARPA S.A.U. Mención Especial en innovación 2024 modalidade Pequena e Mediana Empresa Innovadora
Equipos Móbiles de Campaña ARPA S.A.U. foi recoñecida por pór a innovación ao servizo da paz, a inclusión dos máis desfavorecidos e as causas humanitarias, nun exercicio modélico de responsabilidade social baseada no coñecemento e as solucións innovadoras.
Arpa, creada en 1968, e especializada no deseño, desenvolvemento, fabricación, despregamento e mantemento de solucións loxísticas innovadoras para as Forzas Armadas, ONU e outras organizacións internacionais, ONG e clientes privados, desenvolveu nos últimos anos proxectos moi innovadores ligados ao hidróxeno e os shelters especiais.
Tamén dispón de solucións novas e sustentables en infraestruturas de campamentos con desenvolvementos integrais de alimentación, loxística, aloxamento, saúde, auga, residuos, enerxía ou telecomunicacións.