Alba González Álvarez. Premio Nacional de Deseño 2022. Novos Deseñadores
Alba González Álvarez foi premiada nesta modalidade por pór de manifesto coa súa traxectoria a capacidade do deseño de achegar solucións e intervir de forma transversal en ámbitos tan complexos como o da biomedicina e o desenvolvemento de prótese biomecánicas, en perfecta comuñón con investigadores, innovadores e equipos multidisciplinarios nos que o deseño desempeña un papel central para a mellora da saúde e a vida das persoas.
González encarna á perfección o amplísimo horizonte de oportunidades profesionais que se abre ante os novos deseñadores e deseñadoras, sempre sobre a base da honestidade creativa e unha inquietude de mellora na procura de solucións a problemas complexos.