Selo PYME Innovadora

Logo Pyme innovadora

O Real Decreto 475/2014, do 13 de xuño, sobre bonificacións na cotización a Seguridade Social do persoal investigador, no seu artigo 6 establece a definición de peme innovadora para efectos de obter o selo de referencia.

A Orde ECC/1087/2015, do 5 de xuño regula a obtención do selo de Peme innovadora e o funcionamento do Rexistro da Pequena e Mediana Empresa Innovadora.

Vantaxes da obtención do selo “Pyme innovadora”

A obtención do selo permite ás empresas compatibilizar, no marco dun mesmo proxecto, as bonificacións na cotización á seguridade social do persoal investigador dedicado en exclusiva ao mesmo coas deducións fiscais por I+D+i establecidas no artigo 35 da Lei do Imposto sobre Sociedades.

Ademais, poden beneficiarse das posibles liñas de axudas que expresamente mencionen a condición de “Pyme innovadora”, e poden participar na contratación pública a través da denominada Compra Pública Innovadora (posibilidade de reserva de contratación precomercial a pemes innovadoras).

O rexistro da empresa comporta a obtención do selo e permite que a empresa exhiba o logo e formato oficial do selo de maneira que os usuarios saiban que esa peme é innovadora e está recoñecida como tal. Ademais, a empresa poderá utilizar este distintivo para o tráfico comercial e fins publicitarios.

Procedemento de inscrición no rexistro

O rexistro público de pymes innovadoras é totalmente telemático. A inscrición realízase a través da sede electrónica do Ministerio sen custo para as empresas.

Rexistro público do selo “Pyme innovadora"

O rexistro de pymes Innovadoras é público e permítese consulta individual (mediante o CIF da entidade) ou descarga de todas as entidades rexistradas.

A seguir, picando en “Ligazóns”, poderá acceder ao alta, consulta e descarga do selo pyme innovadora.

icono-contacto

Subdirección General de Fomento de la Innovación

P.º de la Castellana 162. 28046 Madrid

pymeinnovadora@ciencia.gob.es

Seleccione o tipo de erro que desexa reportar

  • Se detectou que unha das ligazóns non leva a ningunha páxina...

  • Se detectou un erro de URL nunha ligazón...

  • Se detectou un erro no contido...

  • Se detectou que o contido non se mostra...

  • Se a información non lle foi de utilidade...