<p>Que é o SIIU?</p>

O Sistema Integrado de Información Universitaria (SIIU) é unha plataforma de recollida, procesamento, análise e difusión de datos do Sistema Universitario Español. O SIIU axunta recursos de todas as institucións que configuran o Sistema Universitario Español e permite dispor de información homoxénea e comparable.

En 2010 comienza el desarrollo del SIIU con la participaci&oacute;n de las comunidades aut&oacute;nomas, las universidades y el Ministerio, para lo cual se crea la Comisi&oacute;n de Estad&iacute;stica e Informaci&oacute;n Universitaria, pilar fundamental del sistema.&nbsp;

O Real Decreto 822/2021, do 28 de setembro, polo que se establece a organización dos ensinos universitarios e do procedemento de aseguramiento da súa calidade, establece que o Ministerio manterá un Sistema Integrado de Información Universitaria (SIIU) para dar cobertura ás necesidades de información do conxunto do sistema universitario español e das administracións, e facilitará aos órganos de avaliación externa competentes a información necesaria para levar a cabo os procedementos de aseguramiento da calidade. Así mesmo, o SIIU desenvolverá actividades, a partir das estatísticas e informacións recompiladas, de observación, análise e prospectiva, en colaboración coas universidades e as axencias de calidade.

O SIIU está dividido en diferentes áreas e en cada unha delas disponse de variables e indicadores que permiten realizar unha análise exhaustiva das diversas dimensións do sistema universitario. A información dispoñible é a seguinte:

  • Área auxiliar. As universidades, públicas e privadas, cos seus centros, unidades e estudos impartidos.
  • Área académica. Os estudantes coas súas características curriculares, sociais e demográficas. Os procesos de PAU e preinscrición.
  • Área de recursos humanos. O persoal docente e investigador (PDI), persoal Investigador (PI) e o persoal de administración e servizos (PAS) coas súas características profesionais, sociais e demográficas.
  • Área económica. As contas anuais das universidades: as súas liquidacións orzamentarias e os indicadores financeiros.
  • Área de bolsas e axudas ao estudo. As bolsas concedidas polo Estado, as comunidades autónomas e as universidades, así como información curricular e sociodemográfica dos seus beneficiarios.
  • Área de inserción laboral. A entrada e o mantemento dos egresados universitarios no mercado do traballo.

O SIIU está destinado a todos os axentes implicados na toma de decisións relativa ao Sistema Universitario Español: Ministerio, comunidades autónomas, universidades, consellos sociais e axencias de calidade.

icono-contacto

Subdirección Xeral de Planificación, Seguimento e Avaliación.

Pº de la Castellana 162. 28046 Madrid.

sgcps@ciencia.gob.es