DIANA MORANT
Nada en Gandia (Valencia) en 1980. Enxeñeira de Telecomunicación pola Universitat Politècnica de València.
Ministra de Ciencia e Innovación desde o 2021 ata novembro de 2023.
Deputada por Valencia no Congreso dos Deputados desde o 17 de agosto de 2023 ata o 6 de decembro de 2023.
Alcaldesa de Gandia polo PSPV-PSOE (2015-2021). Foi concelleira no Concello de Gandia desde 2011 a 2015 e deputada na Deputación Provincial de Valencia desde xullo do 2015 a maio de 2017.
Morant foi membro do Consell de Turisme da Generalitat Valenciana desde xuño do 2015 ata setembro de 2021 e pertenceu ao Consello Territorial da FEMP.
Tamén formou parte do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Valencia desde xaneiro do 2020 ata xullo de 2021.
Así mesmo, foi vogal do órgano decisorio da Spain Convention Bureau desde xuño do 2016 ata maio de 2019.
No ámbito orgánico, foi secretaria xeral do PSPV-PSOE de Gandia desde xuño do 2014 ata maio de 2022.
Desde outubro de 2021 pertence á executiva do PSOE como secretaria de Ciencia, Innovación e Universidades.