<p>DIANA MORANT</p>
Nacida en Gandia (Valencia) en 1980, estudió Ingeniería de Telecomunicación en la Universitat Politècnica de València.
Actualmente, é ministra de Ciencia, Innovación e Universidades, e secretaria xeral do PSPV-PSOE. Desde outubro de 2021 pertence á executiva do PSOE como secretaria de Ciencia, Innovación e Universidades.
Ocupou o cargo de ministra de Ciencia e Innovación desde o 2021 ata novembro de 2023.
Foi deputada por Valencia no Congreso dos Deputados desde o 17 de agosto de 2023 ata o 6 de decembro de 2023.
Foi alcaldesa de Gandia polo PSPV-PSOE (2015-2021), concelleira no Concello de Gandia (2011-2015) e deputada na Deputación Provincial de Valencia (2015-2017).
Foi membro do Consell de Turisme da Generalitat Valenciana desde xuño do 2015 ata setembro de 2021 e pertenceu ao Consello Territorial da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).
Tamén formou parte do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Valencia desde xaneiro do 2020 ata xullo de 2021.
Foi vogal do órgano decisorio da Spain Convention Bureau desde xuño do 2016 ata maio de 2019.
Así mesmo, foi Secretaria xeral do PSPV-PSOE de Gandia desde xuño do 2014 ata maio de 2022.