Servizo Español paraa InternacionalizacióndaEducación (SEPIE)

O Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE) actúa como Axencia Nacional para a xestión, difusión, promoción e estudos de impacto do programa Erasmus+ no ámbito da Educación e a Formación, ademais doutras iniciativas e programas educativos europeos. Así mesmo, coordina e participa en proxectos nacionais e internacionais e ten, ademais, entre as súas funcións a de contribuír a unha maior proxección internacional do sistema universitario español e a súa oferta.

O SEPIE ocúpase de difundir a convocatoria dos programas, fornecer asistencia técnica e asesoramento aos posibles beneficiarios das accións e facer un seguimento adecuado para que as accións previstas consigan os seus resultados.

Para os labores de difusión e seguimento, o SEPIE conta coa colaboración dunha ampla rede de institucións: Consellerías de Educación das Comunidades Autónomas, Universidades, Servizos Públicos de Emprego rexionais, Cámaras de Comercio, organizacións empresariais e sindicais e outras institucións que desenvolven actividades formativas.

icono-contacto

Servicio Español para la Internacionalización de la Educación (SEPIE)

C/ General Oraa, 55. 28006 Madrid

917 603 602

917 603 603

SEPIE