O Comité Científico para a Investigación na Antártida (SCAR - Scientific Committee on Antarctic Research) creado en 1958, é unha organización non gobernamental constituída por científicos e científicas cuxos obxectivos son promover, desenvolver e coordinar a investigación científica internacional na rexión antártica, así como o seu papel no sistema terrestre. O SCAR proporciona asesoramento científico obxectivo e independente ás Reunións Consultivas do Tratado Antártico.
España é membro de pleno dereito do SCAR desde 1990, ano no que se constituíu o Comité Nacional do SCAR.
O SCAR ten 3 Grupos Científicos: Ciencias da Terra, Ciencias da Vida e Ciencias Físicas; e unha serie de Comités Permanentes.