<p>Conciliación e corresponsabilidade</p>

Os problemas de conciliación da vida persoal, familiar e laboral, e a falta de corresponsabilidade, multiplican os obstáculos a unha igualdade real de oportunidades no desenvolvemento da carreira científica entre homes e mulleres.

A maternidade supón un dos maiores obstáculos segundo a literatura especializada para as carreiras das mulleres a partir da etapa postdoutoral. Este é un dos grandes temas en políticas de igualdade, non só no ámbito científico-académico.

Liñas de actuación:

  • fomento dunha maior corresponsabilidade,
  • flexibilidade e novas fórmulas para a conciliación, e
  • mobilidade nacional e internacional.